• As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias
• De 17:30 a 20:30 horas haberá unha gran festa infantil no pavillón con inchábeis, música, animación, buzón real e chocolate e Roscón de Reis de Balde
Laxe recibirá este domingo, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos de Oriente. As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias do municipio.
Arredor das 19:00 horas chegarán ao pavillón municipal, onde terá lugar unha gran festa infantil de 17:30 a 20:30 horas. Os máis pequenos e pequenas poderán gozar de inchábeis, música, animación e chocolate e Roscón de Reis de balde.
Ademais, haberá dispoñible un buzón real para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas coas peticións para os Reis.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.