Saturday 04 de January de 2025

López Campos amosa o compromiso da Xunta co patrimonio  e infraestruturas culturais de Boqueixón


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, amosou hoxe o “total compromiso” da Xunta de Galicia co patrimonio cultural do concello coruñés de Boqueixón e tamén coa mellora das súas infraestruturas culturais . Fíxoo na visita que realizou esta mañá á contorna do Pico Sacro, “un referente cultural e natural”, salientou con respecto a esta paraxe para a que se ten solicitada a declaración de Ben de Interese Cultural.

 

O representante de Cultura do Goberno galego tamén se desprazou a varios centros socioculturais deste concello, sobre os que puxo en valor o “importante papel que desenvolven para dinamizar non só a vida cultural, senón tamén social das zonas rurais”. Precisamente, incidiu no compromiso da Xunta “de facilitar que a actividade cultural estea ao alcance de todos os galegos e galegas, sexa cal sexa o seu lugar de residencia”, en liña cos obxectivos da recente Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. Neste senso, lembrou que se encadra tamén no plan do Goberno galego para modernizar estas infraestruturas en todo o territorio da Comunidade e na futura Rede Adival de Dinamización do Rural.

Deja un comentario