O martes abre o prazo de inscrición para diversos cursos de manexo de móbiles de 30 horas dirixido a persoas maiores de 65 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Estas actividades forman parte do programa do Concello de Alfabetización dixital.
Nestes cursos aprenderase de forma práctica, amena e guiada a utilizar e aproveitar as posibilidades que ofrecen os smartphones, proporcionando benestar persoal, ocupando o tempo de lecer e a súa relación co entorno. En función das habilidades, están programados tres distintos niveis: básico avanzado e medio.
As inscricións serán desde o martes 7 ao venres 10 de xaneiro, chamando ao 981 610 000, en horario de 16 a 18 horas. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.
Perillo (Casa Echeverry) – Nivel medio
Datas e horario: martes, mércores e xoves de 10 a 12:30 horas (xaneiro e febreiro)
Iñás (Casa do pobo) – Nivel avanzado
Datas e horario: martes, mércores e xoves de 10 a 12:30 horas (febreiro e marzo)
Dorneda (Casa do pobo) – Nivel avanzado
Datas e horario: martes, mércores e xoves de 10 a 12:30 horas (marzo e abril)
Mera (Local social A Lagoa) – Nivel básico
Datas e horario: luns, mércores e venres de 10 a 12:30 horas (abril e maio)
Montrove (Casa do pobo) – Nivel medio
Datas e horario: martes, mércores e xoves de de 10 a 12:30 horas (maio e xuño)
Despois do verán haberá novos cursos desta mesma actividade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.