As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán Miño este domingo, 5 de xaneiro, para saudar a nenas e nenos e escoitar as súas peticións.
Comezarán pola mañá, ás 10:30 horas, a súa visita polas parroquias do municipio e ás 18:30 horas comezará a cabalgata no casco urbano, que terminará no pavillón municipal, onde se fará a recepción real e haberá unha gran festa infantil con inchables e obradoiros.
Se houbese modificacións pola choiva prevista para ese día rogamos permanezan atentos ás redes sociais do Concello.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.