Saturday 04 de January de 2025

A Pobra xa entra no 2025 coas súas prebadaladas


Doce badaladas, doce uvas e moita diversión. A Pobra do Caramiñal dá xa a benvida ao 2025 cunha celebración que comezou nas inmediacións da casa consistorial neste mediodía.

Trátase dunha iniciativa organizada novamente pola Concellaría da Cultura dada a boa acollida do pasado ano. A pesar de ser este 31 de decembro un martes, numerosas persoas congregáronse fronte ao consistorio, esgotando así a totalidade das provisións: arredor de 450 bolsas de uvas e 600 cotillóns.

O cómico Oswaldo Digón exerceu de presentador neste acto caracterizado pola interacción co público, animando a desbota-lo malo para entrar no novo ano como se merece. E A Pobra festexou este particular fin de ano en conxunto ao son dun DJ para, deseguido, ir tras da música de Os Festicultores por todo o núcleo urbano na sesión vermú.

Xa pola noite, a partir das 01.00 horas, o toldo situado na praza Alcalde Segundo Durán converterase en punto de encontro coa festa de Aninovo con DJ e cotillón.

Deja un comentario