Saturday 04 de January de 2025

Paderne felicita a Martina Sabin, a súa veciña máis lonxeva, polo seu 103 aniversario


O alcalde de Paderne, Sergio Platas, e a concelleira de Benestar Social, Marisa Abrodos, visitaron esta mañá o domicilio de Martina Sabin Saya, veciña de Velouzás que estes días cumprirá 103 anos. Martina é, na actualidade, a veciña con máis idade da localidade.

Os representantes do equipo de goberno foron recibidos polo seu irmán e a súa cuñada antes de pasar a visitar a Martina, que se atopaba no seu cuarto. O alcalde e a edil obsequiárona cun ramo de flores e uns doces para soprar as velas e celebrar ter chegado a tan abraiante cifra de idade.

Deja un comentario