Melchor, Gaspar e Baltasar terán proximamente unha intensa noite de traballo deixando os agasallos nos fogares pero, previamente, deixaranse ver na Pobra do Caramiñal ao longo de todo o día 5 de xaneiro. E farano novamente por partida dobre como avanzan a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, e a técnica municipal, Sara Sánchez. Na súa intervención, a edil quixo agradece-la implicación de tódalas persoas voluntarias, a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas e a Protección Civil por contribuír ao correcto desenvolvemento desta estadía tan especial.
Pola mañá, os Reis Magos farán o percorrido polos lugares e parroquias en vehículos descubertos. Sairán ás 10.30 horas, dende A Tomada. Este desfile poderase seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal e, posteriormente, colgarase na canle de Youtube para o recordo.
Logo, as súas maxestades os Reis do Oriente collerán folgos para a tarde. Visitarán o centro de día e a residencia de maiores para, ás 17.30 horas, partir dende o polideportivo municipal de Venecia na tradicional cabalgata polo núcleo urbano. A comitiva está composta por Trécola, Compañía Pablo Méndez e Barafunda Animación. Estas dúas últimas agrupacións será a primeira vez que participen.
O itinerario seguirá a carón do paseo dos Areos para facer unha breve parada no portal de Belén, disposto na praza Alcalde Segundo Durán, con motivo da ofrenda. Seguirase ata a rotonda da Covecha con dirección as rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata a casa do concello, onde terá lugar o discurso e a recepción. En caso de chuvia, toda a acción da tarde concentrarase no dito pavillón.
Ao longo de toda a xornada repartiranse máis dr 1.000 quilogramos de caramelos sen glute.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.