Se algo caracteriza esta época tamén é a música. A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal organiza para o 4 de xaneiro un pasarrúas de Nadal a cargo dos Dixie Kings.
O núcleo urbano vibrará así ao ritmo de jazz de 12.30 a 13.30 horas.
A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, manifesta que “continuamos así na nosa firme aposta por dinamiza-la nosa localidade nestas datas tan significativas e aquí a música xoga un papel importante dotando tamén de vida ás rúas.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.