Os dezasete nenos e nenas do Nadal Activo, un programa lúdico-educativo convocado polo Concello de Boqueixón para facilitar a conciliación laboral e familiar nas vacacións de Nadal, visitaron esta mañá a casa consistorial. Aló foron recibidos polo alcalde, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ángela Conde. A rapazada, que chegou cantando panxoliñas, amosoulle ao alcalde unha das manualidades que realizaron nestes días nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto: un Photocall co que celebrarán hoxe as pre-badaladas de Fin de Ano.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.