Este domingo, 5 de xaneiro, chegarán a Bergondo os Reis Magos acompañados dos seus paxes, onde percorrerán o municipio na xa tradicional cabalgata.
Se o tempo o permite, a ruta por todas as parroquias comezará ás 14.30 horas e prolongarase ata as 18.40 horas, cando se espera que cheguen ao Pavillón de Guísamo para recibir á rapazada con roscón e unha gran chocolatada. A partir das 17:30 horas no pavillón haberá unha festa infantil.
O percorrido deste ano, que pode consultarse na seguinte ligazón https://acortar.link/VQOJFH, sufriu algunhas pequenas variacións debido a que as carrozas que traerán os Reis Magos este ano son algo máis grandes e non collen por algunhas vías. Ademais, prégase que non se aparque no percorrido da cabalgata e lémbrase que os horarios son estimados.
O mesmo día 5 de xaneiro, poderase consultar as horas de paso na imaxe e o traxecto en tempo real na seguinte ligazon de Wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-coche/cabalgata-2025-195579429?utm_medium=app&utm_campaign=share&utm_source=12563207
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.