O obxectivo do certame é estimular o desenvolvemento de actividades que combinen diferentes materias e traballen as competencias clave
A Xunta vén de recoñecer o labor das bibliotecas escolares de 16 centros educativos de toda Galicia cos premios do X Concurso de Traballo por Proxectos. O certame, impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, busca estimular o deseño e desenvolvemento de traballos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación desde a biblioteca escolar.
A temática dos traballos era aberta, sempre e cando se desenvolveran contidos curriculares e se contribuíse a potenciar a adquisición de competencias claves por parte do alumnado.
A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias (ou Proxectos Documentais Integrados) coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado. Os galardoados nesta categoría son os recollidos na táboa:
Provincia Concello Centro
A Coruña A Coruña CEIP Emilia Pardo Bazán
A Coruña Muros CEIP Plurilingüe de Louro
A Coruña Santiago de Compostela IES Arcebispo Xelmírez I
A Coruña Santiago de Compostela CEE Manuel López Navalón
Lugo Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo
Pontevedra Bueu IES Illa de Ons
Pontevedra Bueu CEIP Plurilingüe da Torre-Cela
Pontevedra Meaño CEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas
Pontevedra Ponteareas CEIP Plurilingüe As Veigas
Pontevedra Salvaterra de Miño CEIP Plurilingüe de Leirado
Na segunda modalidade, de iniciativas de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel, os premiados son os seguintes centros:
Provincia Concello Centro
Pontevedra Vigo CEIP Alfonso Rodríguez Castelao
Pontevedra Vigo IES Valadares
Na terceira categoría, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos de diferentes cursos ou niveis, recoñécese o traballos destes centros:
Provincia Concello Centro
Pontevedra Portas Público CPI Domingo Fontán
Pontevedra Vigo IES Valadares
Nestas dúas categorías os premios son de 1.500€ por centro.
Finalmente, con 3.000€ por galardón, na cuarta modalidade, de proxectos de investigación intercentros para desenvolver un proxecto común, os centros premiados son os seguintes:
Provincia Concello Centro
A Coruña Arteixo CEIP de Galán
A Coruña Culleredo CRA de Culleredo
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.