• O evento, organizado polo Concello, será amenizado polo disc-jockey Miguel GZ.
O Concello de Cariño prepárase para despedir o 2024 e dar a benvida ao aninovo cunha gran festa gratuíta para todos os veciños e veciñas, programada para a noite do martes ao mércores.
Tras as tradicionais Badaladas de medianoite que marcarán o fin do ano vixente, o Concello dará a benvida ao 2025 cunha festa que se celebrará na praza Roxa a partir das 2:00 horas e que será amenizada polo disc-jockey Miguel GZ.
Miguel GZ é o nome artístico de Miguel González, un artista español especializado na animación, sonorización e iluminación de eventos. Leva creando experiencias musicais máis de 25 anos. O seu obxectivo é transformar os eventos nos que participa nun auténtico espectáculo, buscando crear experiencias únicas personalizando cada detalle das súas actuacións e xogando coas sensacións e coas emocións.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.