· O Concello continúa así coa súa iniciativa para homenaxear a autores e autoras relacionadas co municipio, despois de celebrar en 2024 o ‘Ano Xoán Vicente Viqueira’.
· Co obxectivo de poñer en valor a súa obra, creouse un logo específico e difundirase a súa obra e legado mediante actos e actividades.
· Florencio Vaamonde naceu en San Xoán de Ouces en 1860 e foi unha das figuras máis relevantes da literatura galega do século XIX.
O Concello de Bergondo nomea o ano 2025 como ‘Ano Florencio Vaamonde Lores’, en homenaxe a unha das figuras máis relevantes da literatura galega do século XIX que naceu na parroquia de San Xoán de Ouces o 2 de abril do ano 1860.
O goberno local continúa así co seu proxecto para poñer en valor a autores e autoras ilustres relacionadas co municipio, despois de celebrar no 2024 o ‘Ano Xoán Vicente Viqueira’. Está previsto que en 2026 as figuras homenaxeadas sexan as de Filomena Dato e Alejandro Pérez Lugin.
Co obxectivo de poñer en valor a obra de. Florencio Vaamonde Lores creouse un imagotipo específico que se usará, desde o 1 de xaneiro de 2025, en todas as comunicacións oficiais do Concello de Bergondo. Ademais, ao longo do ano difundirase a súa obra e legado mediante diferentes actos e actividades.
O imagotipo deseñado realizouse coa idea de evocar, a través de diferentes elementos visuais, a esencia da época na que viviu o autor, o seu estilo e legado cultural. Para iso utilizouse unha tipografía serifa, que reforza esa conexión cultural, e representouse, a través dun símbolo, ao autor sentado, en posición serena e reflexiva, evocando o seu intelecto e o contexto cultural galego no que se relacionaba. Xuntos, estes elementos comunican con forza a esencia do personaxe homenaxeado e o seu legado, creando unha identidade visual sólida.
Florencio Vaamonde Lores
Criado no seo dunha familia nobre, Florencio Vaamonde pasa a súa infancia entre San Xoán de Ouces e A Coruña, onde traballou como funcionario de Facenda e consagrou o seu tempo para consolidar as letras galegas e a dignificar a lingua nacional.
No ano 1897 participou participou na fundación da liga Galega, unha organización política presidida por Manuel Murguía e dirixida por un comité formado por Lugrís Freire, Salvador Golpe e Carré Aldao que redactou os seus estatutos completamente en galego. O 4 de setembro de 1905, Vaamonde Lores participou na fundación da Real Academia Galega. No ano 1907 contribuíu á constitución de Solidariedade Galega e en 1916 participou na fundación das Irmandades da Fala.
Na súa faceta como estudoso, publicou artigos de carácter histórico en diferentes xornais como A Fidelidade, Revista Galega ou O Tribuno. Como poeta, continuou a escola formalista liderada por Eduardo Pondal e publicou algúns poemarios. En prosa cultivou a novela de costumes, mentres se manifestou como rigoroso ensaísta.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.