Friday 10 de January de 2025

A casa da cultura pobrense acolle a mostra colectiva As Eiros


A exposición de pintura de Rosa Mª Suárez e Toña Somoza será a primeira en amosarse ao público na casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal do 2025 que está a piques de comezar.

Baixo o título As Eiros, unha trintena de obras exhibiranse nesta mostra colectiva que abrirá as súas portas no 3 de xaneiro, ás 20.00 horas. Contará coas intervencións das propias artistas e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

O acceso é libre ata completa-la cabida.

Deja un comentario