En pouco menos dun mes toca nova cita co xadrez. A Casa da Mocidade dará cabida no 4 de xaneiro, a partir das 11.00 horas, ao VI Torneo de Xadrez do Nadal Concello da Pobra que organiza o Club Deportivo Marquiño coa colaboración da Concellaría dos Deportes.
En palabras do edil Eloy Sobrido, “trátase dunha nova ocasión para desfrutar do xadrez e seguir promovendo esta disciplina aproveitando a época do Nadal.”
Farase entrega de trofeos ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os; á/ó primeira/o sub-12, sub-10 e sub-8; ás/ós tres primeiras/os clasificadas/os locais; e o premio participativo.
As inscricións formalizaranse no enderezo electrónico xadrezbretema@gmail.com.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.