
Hoxe déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas os concursantes gañadores das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal, para a entrega das cestas aos galardoados acudiron o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez-Puerta, a concelleira de Promoción Económica Genoveva, Betanzos e a concelleira de Cultura, Antía Alberte.
Esta é unha actividade promovida polas áreas de Cultura e Comercio do Concello de Ribeira cun dobre obxectivo: por unha parte favorecer, poñer en valor, incentivar e dinamizar a participación do tecido económico do municipio, hostalería e comercio, nas celebracións de Nadal favorecendo así a promoción das compras nos negocios locais, e por outra parte, animar á veciñanza do municipio a embelecer as súas vivendas nestas datas de Nadal.
Relación de premiados nas diferentes modalidades.
Para os galardoados en fachadas, balcóns e xardíns, entregáronse un total de 10 premios, un premio en cada parroquia cunha cesta por valor de 180 € máis un premio especial para a mellor decoración do municipio cunha cesta por valor de 300 €.
Os galardoados e galardoadas para as cestas de 180 € foron: · Parroquia de Aguiño “As estrelas guíante” Manuel Sampedro · Parroquia Artes “O Nadal en Artes” Manola Pinazas
· Parroquia Castiñeiras ”O Bosque das ilusións” Manola Vilar · Parroquia Olveira “La casa de las luces” Carlos Romero · Parroquia Oleiros “Decoración Nadal Oleiros” Juana Cánibe · Parroquia Corrubedo “O noso fogar” Judith Sobrido
· Parroquia Ribeira “Abuelo gruñón” Conchi Rodríguez
· Parroquia Palmeira “As luces do porto” María del Pilar Maneiro · Parroquia de “O Nadal en Laxes” Mónica Sampedro
O premio especial desta modalidade cunha cesta valorada en 300 € foi para a parroquia de Castiñeiras con “Soños de Nadal” de Antonio Casanova.
Os premios para a hostalería foron para a Caseira e o Cocoluche coas cestas valoradas en 300 € e en 200 € respectivamente.
Para rematar os premios de decoración dos escaparates para o comercio foron para “Teresa Arreglos de Confección” e para “Mariví Santos Atelier” coas cestas valoradas en 300 € e en 200 € respectivamente.
O acto rematou cunha foto de grupo, as firmas correspondentes e os agradecementos das concelleiras e o segundo tenente de alcalde.