Saturday 28 de December de 2024

As políticas do Goberno municipal permiten a creación de 36 novas vivendas de protección en Oleiros


Ademais das 150 vivendas de protección que se van construír mediante cooperativas de veciños e veciñas, vanse edificar outros 36 pisos protexidos que se destinarán a aluguer. Serán en Icaria, no novo sector que está a piques de finalizar entre Montrove e Perillo.

Malia a inexistencia de iniciativas reais e efectivas por parte da Xunta e o Estado, que son as administracións con competencias no ámbito da vivenda, o Goberno municipal segue a desenvolver políticas destinadas á creación de pisos protexidos mediante diversas iniciativas. Neste caso, grazas ao último desenvolvemento urbanístico de Icaria foi posible reservar solo para vivendas protexidas.

En total, esta nova area abrangue 65.270 metros, dos que máis de 28.000 pasarán a ser públicos entre viais, parcelas para equipamentos e zonas verdes, que se ubicarán principalmente onde xa existe arborado. Tamén haberá solo para a construción de vivendas unifamiliares, pisos –entre eles o protexidos- e locais comerciais. En todos os casos, a nova fase de Icaria respectará a fisonomía das anteriores para lograr un acabado común a toda esta zona que tras a reforma do cruce de Sol y Mar ten mellor conexión peonil co paseo marítimo.

Deja un comentario