Saturday 28 de December de 2024

O Concello licitará nos primeiros días do ano diversas obras por importe de 1,4 millóns


O Concello de Oleiros vai contratar durante os primeiros meses do ano diversas obras por importe de 1.453.722 euros. Trátanse de obras destinadas ao mantemento, conservación e mellora de diversas infraestruturas públicas.

En concreto as obras son o acondicionamento e pavimento das rúas Vila, Atochas e campo do Souto en Iñás (503.247 €); a renovación da rede xeral de abastecemento de auga na avenida Salvador Allende en Vilanova (450.332 €); a renovación da rede xeral de abastecemento de auga da avenida Rosalía de Castro, na zona de Lamastelle (400.000 €); instalación de alumeado público rúa Curros Enríquez (100.000 €).

Deja un comentario