Do 30 de decembro ao 4 de xaneiro continúan as actividades de nadal para todos os públicos na Praza Esther Pita: animación infantil, obradoiros plásticos e actuacións musicais.
A Praza Esther Pita continúa a acoller obradoiros de manualidades, animación infantil e actuacións musicais para todos os públicos durante o período de vacacións de nadal
Durante os días 30 de decembro, 2, 3 e 4 de xaneiro desenvolveranse as actividades que seguen:
– Luns 30 decembro (17:00-20:00h): obradoiros artísticos de nadal para público infantil. Elaboración de marcapáxinas de reno, variñas máxicas, e empaquetado creativo.
– Xoves 2 de xaneiro (17:30-19:30h): animación infantil, xogos e música.
– Venres 3 de xaneiro (17:30-19:30): obradoiros artísticos de nadal para público infantil. Realización de figuras de Reis e Raíñas Magas.
– Sábado 4 de xaneiro (18:30-20:00h): pasarrúas de nadal a cargo de DixieKings, banda de jazz ao estilo das Bandas de New Orleans dos anos 20 que homenaxearán o jazz tradicional cunha posta en escena desenfadada
As actividades son gratuítas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.