Estas son datas para agasallar e a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal quere obsequiar por este Nadal ás persoas que apoien aos negocios de proximidade.
Por iso, presentando o tícket de compra no comercio local ou o de consumición nos establecementos hostaleiros, entrarase nun xogo e optarase a gañar un xoguete.
A dita actividade desenvolverase no 28 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, na praza de Maura.
Segundo a edil Amparo Cerecedo, esta medida “engrosa as iniciativas que desenvolvemos a prol dos nosos negocios, non só durante o Nadal, senón que tamén ao longo de todo o ano. Temos un tecido comercial e hostaleiro con moito que ofrecer e queremos potencialos, queremos que a xente merque no local. Así, o fluxo económico que se xera por estas datas redunda positivamente no noso municipio. Porque investir na nosa hostalaría e comercio é investir na Pobra.”
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.