­
Tuesday 01 de April de 2025

Un incendio calcina dous vehículos nun garaxe da avenida da Maía, no concello de Ames


Os bombeiros do parque Provincial de Boiro desenvolven desde esta mañá un operativo destinado á extinción dun lume na avenida da Maia, en Bertamiráns, no concello de Ames.

Antes do mediodía xa se permitiu o acceso aos veciños dos catro portais do edificio aos seus inmobles. O incendio calcinou por completo 2 vehículos e afectou a estrutura do forxado da planta -1. O fume ocasionado tamén provocou danos.

Nestes intres os traballos céntranse na ventilación e na extracción de turismos do garaxe.