· González Formoso, o xerente do Consorcio, José Luis Barca, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, visitaron hoxe o matadoiro comarcal, situado logo do incendio sufrido na instalación o pasado martes.
· A rápida actuación dos bombeiros provinciais dos parques de Cee e Santa Comba permitiu que o lume non se propagara á nave anexa, reducindo considerablemente a magnitude dos danos.
O presidente do Consorcio Provincial, Valentín González Formoso, visitou hoxe, acompañado pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e oxerente do Consorcio, José Luis Barca, as instalacións do matadoiro comarcal de Soneira Costa da Morte, afectadas por un incendio na tarde do 24 de decembro.
O lume, que se orixinou pasadas as 19:00 horas do martes, causou danos na área destinada ao secado e afumado de embutidos. Grazas á rápida actuación dos bombeiros desprazados desde os parques provinciais de Cee e Santa Comba, logrouse evitar a propagación das chamas á outra nave do complexo.
O operativo, que se prolongou durante aproximadamente tres horas, incluíu tarefas de extinción, arrefriamento e ventilación de fume, permitindo minimizar os danos ao máximo.
Durante a visita, González Formoso destacou “a rapidez e a efectividade do operativo despregado polos efectivos mobilizados desde os parques provinciais de Cee e Santa Comba”. O presidente subliñou “os grandes esforzos realizados para que a afectación fose a mínima posible, especialmente nunha data tan sinalada como é a Noiteboa”.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.