Saturday 28 de December de 2024

120 nenos participan no obradoiro de cociña infantil de Nadal organizado polo Concello


A iniciativa está incluída no programa municipal de actividades de Nadal.

Un total de 120 nenos participarán nos obradoiros de cociña infantil de Nadal que organiza o Concello dentro do programa municipal de actividades que se levan a cabo durante as Festas.
Para facilitar o desenvolvemento dos obradoiros foron establecidas seis quendas por grupos de idade, cada unha delas con vinte participantes, que se levan a cabo nunha das aulas da Casa da Cultura da Laracha. Nas dúas horas de duración de cada obradoiro aprenden a elaborar doces típicos destas datas como turrón, cocadas e galletas.
Esta mañá realizáronse as dúas primeiras quendas dirixidas a estudantes de educación infantil. As outras catro quendas son para alumnos de todos os cursos de primaria. Esta tarde (16:00 a 18:00 h) terán lugar outras dúas e as dúas últimas quendas serán o luns 30 de decembro tamén nese mesmo horario.
Con esta proposta o Concello, ademais de ofrecer aos rapaces a posibilidade de aproveitar o seu tempo de lecer, tamén facilita aos seus pais a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante o Nadal.

Deja un comentario