Unha trintena de nenas e nenos participaron na tradicional Festa de Nadal do Concello de Frades, celebrada no edificio multiúsos na tarde do pasado 23 de decembro. Unha actividade gratuíta na que a rapazada participou nuns obradoiros de Nadal, nos que aproveitaron para elaborar adornos para a árbore e unhas tarxetas de Nadal.
O mago Dani Polo foi o encargado de poñer o broche de ouro á velada cun espectáculo de maxia cheo de bo humor e trucos de preto. Ademais, a actuación foi especialmente participativa, xa que tomaron parte tanto os pequenos como as persoas adultas que os acompañaban.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.