Friday 27 de December de 2024

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos do POS + Adicional


O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social como aos derivados da atención á dependencia. O pleno da corporación aprobaba esta semana o reparto dos 39.219 euros asignados para gastos sociais extraordinarios de cara ao novo ano.

Segundo a proposta da alcaldía, o Concello botará man destes fondos para ampliar a dotación das partidas municipais orientadas a facer fronte a situacións de emerxencia social da veciñanza. Neda reservará ata 30.000 euros do orzamento municipal para a cobertura de necesidades básicas (vivenda, alimentación, educación, gastos farmacéuticos…) de familias da localidade que se atopan en situacións de vulnerabilidade e acudan aos Servizos Sociais en busca de axuda.

En paralelo, os fondos utilizarase para a dotación das partidas municipais destinadas a cubrir a parte da achega municipal ao Servizo de Axuda no Fogar de atención de carácter básico na modalidade dependencia. Na actualidade, reciben atención por esta vía unas 128 unidades familiares nedenses.

O Concello daba luz verde ao reparto co apoio de 10 dos 11 membros da corporación (PSOE-BNG- PP) e coa abstención de Moveneda.

Deja un comentario