Friday 27 de December de 2024

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico de grupos de rock locais


Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello

Carballo é un concello solidario, e este Nadal volve demostralo cunha nova iniciativa a beneficio das vítimas da DINA que arrasou a zona de Levante a finais de outubro. Despois da participación de voluntariado de Protección Civil e dos medios técnicos e humanos da empresa do ciclo integral da auga nas tarefas de limpeza e restauración dos servizos públicos, ademais do envío de 23 palés de axuda humanitaria grazas á colaboración masiva da veciñanza e dunha empresa de transporte local, desde o ámbito da cultura chega agora unha proposta musical: un concerto de rock.

Catro grupos carballeses participarán o sábado 28, a partir das 20.00 horas, nun concerto que se celebrará na carpa da Praza do Concello, no marco da Feira doce organizada pola Concellaría de Feiras e Mercados. Quercus Blues (substitúe a Tu futura ex mujer), Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne subirán ao escenario para tocar e cantar por Valencia, pero detrás desta iniciativa está tamén o apoio doutras bandas e do propio Concello de Carballo.

Deja un comentario