Mañá venres 26 e pasado sábado 27 terán lugar no Conservatorio Profesional de Música de Riveira os concertos da Aula Galega de Saxofón. Os alumnos (estudantes e profesionais) que dende outubro veñen asistindo mensualmente a Riveira para ampliar a súa formación co mestre Rodrigo Vila, actuarán no salón de actos do centro, o venres ás 20:30 e o sábado ás 19:30.
Nesta ocasión, os alumnos estarán acompañados polo prestixioso pianista Stéfanos Spanopoulos, que ademais ofrecerá unha masterclass aos estudantes de piano do conservatorio o sábado pola tarde.
Como sempre, o concerto é aberto a todo o público que queira asistir e disfrutar do bo facer dos alumnos da Aula.
Eurovisión
Por outra parte, o Auditorio Municipal de Riveira vai acoller tamén mañá venres ás 20 horas un concerto da cantante de Incio Lucía Pérez, quen representara a España no Festival de Eurovisión na edición de 2011. Este espectáculo está organizado polo Concello e é libre e gratuíto para quen desexe asistir.