As vacacións de nadal estarán cheas de actividade para todos os públicos na Praza Esther Pita: animación infantil, obradoiros plásticos e actuacións musicais.
Á programación de nadal do Concello de Oleiros que se estende durante todo o mes de decembro ata a entrada de xaneiro coa Pista de xeo, instalada na Avda. II República (Perillo), e as atraccións infantís da Praza Esther Pita (Santa Cruz); súmanselle obradoiros de manualidades, animación infantil e actuacións musicais para todos os públicos.
As actividades de nadal na Praza Esther Pita os días 23, 26, 27 e 28 de decembro serán as seguintes:
– Luns 23 decembro (17:00-20:00h): obradoiros artísticos de nadal, elaboración de adornos, árbores e postais.
– Xoves 26 de decembro (17:30-19:30h): animación infantil, xogos e música.
– Venres 27 de decembro (17:30-19:30): obradoiros artísticos, realización de casiñas de nadal.
– Sábado 28 de decembro (19:00h): concerto Ves como sabes? Espectáculo de música popular e pop-rock de todos os tempos para todos os públicos. O espectáculo está incluído na Rede da RDL da Xunta de Galicia.
As actividades son gratuítas.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.