Está totalmente obsoleta e contamina constantemente o río Quenllo, que vai ao Mero e de ahí á Ría do Burgo.
O alcalde de Carral, Javier Gestal, demandou en diversas ocasións á Xunta de Galicia a renovación da depuradora do Quenllo, que dá servizo a todo o municipio e é unha infraestrutura sanitaria de primeira orde.
Está totalmente obsoleta desde hai anos e contamina o río Brexa, afluente do Mero, que desemboca na ría do Burgo, o que supón un perxuizo non só para a veciñanza de Carral, senón para toda a comarca.
Urxe que a Xunta de Galicia acometa as obras de renovación desta infraestrutura, imprescindible para a óptima conservación do medio ambiente. Un municipio como Carral de 7.000 habitantes non pode estar abandonado pola administración autonómica.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.