Monday 23 de December de 2024

Agradecemento de Nadal ao Obradoiro de Carpintería da U.C.A.


Todos os agradecementos son poucos para este obradoiro que está sendo máis que todo un exemplo de integración. Pódese dicir que é unha familia de carpinteiros que goza co seu traballo e que poden botar peito coa variedade de traballos de calidade que fan para toda a comunidade.

O agradecemento feito polo goberno local foi realizado polo rexedor, Luís Pérez, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, o director da U.C.A., Jesús Cartelle, e o mestre carpinteiro, Manolo Casais.

Na recepción feita transmitíuselle a todos os compoñentes do obradoiro os agradecementos e o orgullo do Goberno e da veciñanza polo traballo realizado neste ano que remata.

O alcalde destacou o traballo que fan no ámbito do mantemento de infraestruturas en madeira, a colaboración que prestan na instalación dos beléns de Nadal ou a rehabilitación da aldea de Sálvora. “Prestades un servizo á comunidade que é esencial e que moitas veces pasa desapercibido, por iso vos agradecemos publicamente todo o voso traballo e esforzo”.

Deja un comentario