Monday 23 de December de 2024

Papá Noel percorrerá Neda este luns para saudar aos nenos e nenas de toda a localidade


Papá Noel chega este luns, 23 de decembro, a Neda para saudar e compartir uns momentos cos nenos e as nenas do municipio. O Concello organiza a cabalgata, que volverá a percorrer a localidade de punta a punta, para levar a ilusión a toda a rapazada.

A cabalgata arrincará ás dez da mañá da rúa Valle Inclán e concluirá a media tarde, cun parón ao mediodía para coller folgos. Percorrerá nunhas seis horas ao redor de medio cento de rúas e lugares das distintas parroquias do municipio.

Como sempre, Papá Noel visitará a localidade acompañado pola Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Neda, que anunciarán coas súas luces e sirenas o paso.
Unha vez finalizado o desfile, ás 17.30 horas, Papá Noel dirixirase ata a Casa das palmeiras para saudar e facer fotos co público infantil que queira achegarse a entregar as cartas con peticións. Será nunha cita na que non faltará o clásico chocolate con churros.

Percorrido e horarios APROXIMADOS do itinerario
De 10 a 10.30 h: Rúa Valle Inclán, Campo da Festa de San Isidro, Fábrica do Monte, Silva e Curva do Bargo. De 10.30 a 11 h: Médico Cebreiro, Avda. Alxeciras, Avda. Castelao, Xeneral Morgado e Alonso Escudero. De 11 a 11.30 h: Avda. Alxeciras, Santa María, Coto, Toeleira e Avda. Xuvia. De 11.30 a 12 h: Victorino Novo, Camiño Vello, Fausto Cansado e Albarón. E de 12 a 12.30 h: Ponte Grande, Balbís, Combarro, Nogueirido, Buhída e Curros Enríquez.

Pola tarde, de 15 a 15.30 h, Toeleira, Portazgo. Poulo, Muchiqueira, Mourela Baixa e Maciñeira. De 15.30 a 16.30 h: O Roxal, Chao da Aldea, Viladonelle, Cheda, Vila de Anca, Torre, Corredoira, Chisqueira e Liñares. De 16.30 a 17 h: Bouzarredonda, Os Cobos e Pedrós; De 17 a 17.30 h: Fontevella, Cruz do Pouso, Escorial de Abaixo, Alcallás e Mourela do Medio.

Deja un comentario