Sunday 22 de December de 2024

Unhas 160 persoas desfrutan do Xantar de Nadal do Club de Xubilados de Lousame


Un total de 140 persoas desfrutaron do tradicional xantar de Nadal que organiza o Club de Xubilados de Lousame e que tivo lugar no restaurante O Trapeiro (Tállara-Lousame) o pasado domingo. Un evento que estivo presidido por Francisco Avelino García, presidente do Club de Xubilados de Lousame, quen estivo acompañado pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde; pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, polo concelleiro de Obras e Servizos Públicos, Ramón Martínez; e polo concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil, José Antonio Ces Barrreiro. A festa comezou ás 14:00 horas no restaurante O Trapeiro. Despois do xantar de confraternidade, o Club de Xubilados procedeu ao sorteo de 28 cestas de Nadal.

Deja un comentario