Ante a carencia de vivenda para compra e aluguer no Concello de Carral, o Goberno municipal de Alternativa, presidido por Javier Gestal, realizou diversas xestións para facer posible a finalización dos edificios inacabados no centro de Paleo, que se atopaban paralizados e abandonados desde o 2008 e bloqueados nas mans da SAREB. Meses atrás foron adquiridos por promotores que están a finalizar máis de 200 novas vivendas libres, á venda por prezos que van desde os 90.000 ata os 140.000 euros, en función do tamaño do piso.
Para a súa adquisición, menores de 36 anos, vítimas de violencia de xénero, persoas con diversidade funcional e familias numerosas están exentas do imposto de transmisións patrimoniais. Para as demais persoas o tipo impositivo é do 6%.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.