Renaturalización en base á permacultura. Parte do patio de xogos do CEP Pilar Maestú Sierra xa loce novo aspecto grazas a un proxecto socioeducativo e ambiental financiado pola Administración local na súa primeira fase por un importe de 15.000 euros.
Agrofloresta Viva encargouse da rexeneración e integración desta área de lecer na contorna na que se sitúa, se ben estas tarefas se desenvolverán durante dous cursos para que, en conxunto coa comunidade educativa, este espazo sostible evolucione no tempo. Para todo isto, plantáronse diversas especies botánicas e incorporáronse elementos de xogo e puntos de encontro.
En palabras da concelleira do Ensino da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo, trátase dunha iniciativa “moi interesante que une sostibilidade, educación e a importancia de crear comunidade.” Desta maneira, “ao tempo de rexeneramos unha área, tomamos conciencia da importancia da natureza, de coida-lo noso planeta”, engade.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.