Sunday 22 de December de 2024

O alcalde solicita reunirse con Costas do Estado ante o despotismo do xefe da Demarcación da Coruña


O alcalde, Ángel García Seoane, ten solicitada unha reunión coa Dirección Xeral de Costas en Madrid ante o neglixente e irresponsable comportamento do xefe da Demarcación da Coruña. Son varios os asuntos pendentes de resolver, que lle competen á administración do Estado, como é o caso da conexión do Paseo da Ría, a reparación da pasarela do Castelo de Santa Cruz, a rexeneración da praia de Santa Cruz e o talud do Xunqueiro.

“Non contestan, non resolven, non toman ningunha medida para resolver problemas que lles corresponden… Gastaron 37,5 millóns de euros no dragado da ría. Ían crear un paseo marabilloso, pero de circunvalar a ría camiñando e en bicicleta nada de nada; porque si, crearon un tramo de paseo novo, pero deixárono sen conexións nin con Perillo, nin con Cambre. Quedaron uns enlaces, que nin iso son, porque son totalmente inadecuados, inutilizables para persoas con problemas de mobilidade, cun risco moi grande de caída para nenos e nenas, persoas maiores,… Unha vergoña”, comentou o alcalde.

Deja un comentario