Sunday 22 de December de 2024

Avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento do aparcadoiro de Cores que está a executar o Concello a carón da igrexa desta parroquia


 Os traballos contan con todas as autorizacións pertinentes dos organismos competentes neste eido, a ter en conta Patrimonio da Xunta de Galicia e Augas de Galicia, ademais do visto e prace do Arcebispado.

Avanzan a bo ritmo as obras de acondicionamento do aparcadoiro de Cores que está a executar o Concello de Ponteceso a carón da igrexa desta parroquia. Estes traballos contan con todas as autorizacións pertinentes dos organismos competentes no eido, a ter en conta Patrimonio da Xunta de Galicia e Augas de Galicia, ademais do visto e prace do Arcebispado.
Así, co recheo do terreo no que se están a executar as obras, o estendido e compactado da propia zahorra, dotarase á igrexa dunha infraestrutura moi necesaria e demandada pola veciñanza da parroquia de Cores.
As intervencións comezaron o pasado mes de novembro e estarán rematadas “nun espazo breve de tempo”, anunciou o alcalde, José Manuel Mato, quen sinalou “a estreita colaboración entre Administracións para poder consolidar un proxecto que dará un servizo que ata o de agora non estaba contemplado na zona”.

Deja un comentario