Saturday 21 de December de 2024

O Concello de Ribeira inicia o acondicionamento dunha senda peonil en Teira


Co obxectivo de mellorar o tránsito peonil seguro no ámbito rural, o goberno ribeirense iniciou a retirada do paseo de madeira que une Teira e Corrubedo e realizará unha senda peonil que garanta a mobilidade segura e cunha opción que sexa duradeira no tempo a nivel de mantemento.

A semana pasada a brigada de obras comezou os labores de acondicionamento do camiño que se encontra no acceso a Teira pola estrada AC-303 de camiño a Corrubedo. Nunha primeira fase estase a retirar toda a pasarela de madeira que estaba en mal estado para despois comezar os labores de acondicionamento dun camiño rural no que previamente se vai traballar na preparación do camiño, limpeza, escavación, explanación, desherbado, retirada de terra vexetal e rasanteo.

O concelleiro de Obras, Xabier Vidal, “o acondicionamento desta senda peonil en Teira é unha acción que nos pediu a xente da parroquia e que imos facer dentro do noso compromiso por mellorar a seguridade e a calidade de vida no ámbito rural”. Segundo Vidal Peón, o obxectivo é crear un camiño que facilite o acceso a Teira pero tamén que se manteña en bo estado ao longo do tempo, con necesidades mínimas de mantemento. Seguimos traballando para ofrecer infraestruturas de calidade que se adapten ás necesidades da nosa veciñanza”.

Deja un comentario