Thursday 26 de December de 2024

O concello outorga 12 premios no Concurso de Postais de Nadal


O acto de entrega será mañá venres ás 19:30 h na Casa da Cultura.

O Concurso de Postais de Nadal que cada ano convoca o Concello nestas datas e no que convida a participar ao alumnado dos tres colexios de infantil e primaria, xa ten gañadores da edición 2024.
Esta mañá o xurado formado por persoal técnico municipal -a animadora cultural e a profesora da actividade de manualidades e pintura ao óleo- e membros do equipo directivo dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión, valorou todos os traballos presentados, seleccionando os que consideraron que eran os mellores de cada unha das catro categorías -establecidas por grupos de idade- segundo os criterios de creatividade, orixinalidade e composición.
Os premios consistirán en xogos, libros e material educativo e didáctico. O acto de entrega será mañá venres na Casa da Cultura a partir das 19:30 horas.
A relación de gañadores é a seguinte:
Categoría A (educación infantil, premios de carácter colectivo ás aulas)
• Educación infantil do CEIP de Caión.
• Aula de 5º A de infantil do CEIP Otero Pedrayo.
• Aula de 6º B de infantil do CEIP Otero Pedrayo.

Categoría B (1º e 2º de primaria)
• Nara Jiménez Pedreira (2º do CEIP de Caión).
• Augusta Sabela Lorenzo Varela (1º A do CEIP Otero Pedrayo).
• Ana Abelenda Pereira (2º do CEIP Alfredo Brañas).

Categoría C (3º e 4º de primaria)
• Valeria Rojo Pérez (3º do CEIP de Caión).
• Leo Monter Añón (3º A do CEIP Otero Pedrayo).
• Xela Torreiro Gómez (4º do CEIP Alfredo Brañas).

Categoría D (5º e 6º de primaria)
• Mía Jiménez Pedreira (5º do CEIP de Caión).
• Iker Rega Castro (5º A do CEIP Alfredo Brañas).
• Noa Castiñeira Iglesias (6º B do CEIP Otero Pedrayo).

Deja un comentario