Thursday 19 de December de 2024

O Concello de Laxe lanza a ‘Campaña de Nadal no Comercio 2024/2025’ para dinamizar as compras locais


• O proxecto, dotado cun orzamento de 500 euros, inclúe o sorteo de 10 premios de 50 euros cada un

O Concello de Laxe lanza a ‘Campaña de Nadal no Comercio de Laxe 2024/2025’, unha iniciativa destinada a impulsar o comercio local e fomentar a economía de proximidade durante a tempada do Nadal. Este proxecto, dotado cun orzamento de 500 euros, ten como obxectivo principal o fortalecemento do sector comercial municipal a través do sorteo de premios que incentiven o consumo nos establecementos adheridos.

A campaña inclúe o sorteo de 10 premios de 50 euros cada un, que poderán ser utilizados exclusivamente en compras nos comercios locais que participen na iniciativa. Para participar, as persoas consumidoras deberán realizar compras de 10 euros ou máis nalgún dos establecementos adheridos entre o 20 de decembro de 2024 e o 7 de xaneiro de 2025. Os tickets ou facturas das compras deberán depositarse nas caixas habilitadas nos comercios, debidamente identificados cos datos persoais requiridos.

O sorteo terá lugar o 9 de xaneiro de 2025, ás 14:30 horas, no Salón de Plenos do Concello.

Os premios serán entregados en formato de bonos desconto e deberán ser empregados antes do 28 de febreiro de 2025 no comercio asignado.

Desde o Concello aseguran que “o comercio local é unha parte esencial da nosa economía e cultura. Con esta campaña, queremos apoiar aos nosos comerciantes e motivar á cidadanía a elixir o comercio de proximidade como a mellor opción para as súas compras de Nadal”.

Deja un comentario