O xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, reuniuse esta mañá co alcalde de A Laracha e representantes da ANPA e a dirección do centro escolar
O xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, reunise esta mañá con representantes da ANPA e a dirección do colexio Otero Pedrayo de A Laracha. A reunión tivo lugar a petición do alcalde, José Manuel López Varela, co obxectivo de achegar posturas de cara á posible implantación da xornada única no centro educativo.
O encontro foi calificado de satisfactorio por todos os asistentes e concluíu co compromiso, por parte dos representantes do colexio, de presentar as súas propostas para que a Xunta poida autorizar a votación da implantación da xornada única.