O canto, o baile e a música tradicional galega volverán enche-lo teatro cine Elma con Nadal con Caramiñas; o festival organizado pola Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
Este evento musical-solidario desenvolverase no 22 de decembro, a partir das 18.00 horas.
A entrada é libre ata completa-la cabida, se ben haberá un stand para a recollida de donativos a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a través da xunta local da Pobra.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.