Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 23:45 horas de onte, luns 16 de decembro, dun incendio que afectou a un domicilio na avenida Principal do concello de Curtis.
O lume afectou por completo a unha habitación e ao vestidor desta, causando danos no teito e afectando o fume ao resto de estancias do fogar. O operativo consistiu na ventilación da vivenda e na retirada de escombros na zona danada.
Unha persoa residente no domicilio resultou intoxicada pola inhalación de fume.
No operativo participou tamén a Garda Civil, o GES de Curtis e o 061.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.