As familias dos/as pequenos, de entre 6 e 12 anos, que desexen participar como paxes reais, terán que entregar debidamente cuberto o formulario de solicitude (que se pode descargar en www.fene.gal) no Rexistro Xeral do Concello, en días laborables, de luns a venres de 8:30 a 14:00 h, entre o 18 e o 29 de decembro. A selección dos paxes reais realizarase por orde de inscrición e o aforo é moi limitado.
Os/as nenos/as seleccionados deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais; pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores.
A organización contactará coas familias con antelación suficiente,para indicarlles a carroza na que irán e os horarios. E o domingo día 5 de xaneiro, día da Cabalgata, deberán estar ás 17.00 horas ao pé da súa carroza, na rúa San Salvador (Pista CCRD Perlío), onde os/as monitores/as os/as acompañarán para acomodalos/as.
Unha vez chegadas as carrozas á Avda. do Concello, os paxes irán para o Salón de Plenos para reunirse coas familias e poder participar xunto coa resto de nenos/as na recepción real (sen prioridade na fila da recepción por ser paxe real).
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.