O Concello recoñeceu aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas cunha entrega de premios celebrada esta tarde nas Torres de Santa Cruz.
En función das idades creáronse 5 categorías, distinguíndose aos 3 usuarios con máis libros lidos en cada franxa de idade. Na categoría de 0 a 5 anos, a máis lectora foi Ana Mª Vázquez Labrador, seguida de de Óscar Santos Luances e Olivia Sexto Pardo. Na categoría de 6 a 9 anos, o agraciado foi Fiz Álvarez Aguete, seguido de Luca Calvo Vázquez, Irene Fernández Paulos e Mateo Blanco Liquete.De 10 as 11 anos, os premiados foron Elba Paris Jácome, Nicolás Blanco Liquete e Antón Álvarez Aguete.
Na categoría de 12 a 17 anos, liderou como máis lector Manuel Barreiro Mantiñan seguido por Mª Susana Barreiro Mantiñán e Diego Álvarez Sosa. Por último, na categoría de maiores de 18 anos, a persoa máis lectora foi Isabel Martínez Ozón, seguida por Candelaria Mª Vales Varela e Ricardo Sandoval Bermejo.
O premio consiste nun vale para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de entre 75, 100 e 120 euros, en función da posición.
O acto de entrega de premios que celebrouse no Teatro As Torres, en Santa Cruz, e contou ao remate co espectáculo Galicia coa maxia do mago Pedro Bugarín.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.