A Pobra do Caramiñal reparte as primeiras caramiñas no seo da campaña comercial orientada ao mercado municipal baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas tralo sorteo do importe da cea de Noiteboa. Unha praceira foi a encargada de sacar da urna os sete boletos afortunados: un primeiro de 400 euros, dous segundos de 200 euros e catro terceiros de 100 euros.
Milagros Vázquez Fernández (primeiro), Margarita Boo Hermo (segundo), Luis Moure Vázquez (segundo), Fernando Sánchez Louzao (terceiro), Mª José Rial Cadillo (terceiro), Mª Carmen Cerecedo Rego (terceiro) e Amalia López Vilasó (terceiro) recibiron os seus vales/caramiñas da man da concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, para trocar por produtos nos postos do mercado municipal ata o día 24.
Esta acción posta en marcha pola Concellaría da Promoción Económica coa colaboración da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos continúa operativa deica o sorteo do importe da cea de fin de ano. Deste xeito, a campaña reparte 2.400 euros no total. En palabras da edil, o obxectivo é “poñer en valor o produto de proximidade, o traballo dos praceiros e das praceiras e agasalla-la fidelidade da clientela.”
Por cada dez euros de compra, entregarase un boleto. Este deberase cubrir con nome, apelidos e teléfono de contacto para depositar nas urnas colocadas no interior da dita instalación municipal.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.