O festival de Nadal de Arrancadeira desenvolverase no domingo 15, ás 18.00 horas, no teatro cine Elma; unha cita importante para a entidade, máis se cabe, dado que neste 2024 cumpre dez anos de traxectoria a prol da música e o baile tradicional. E, precisamente, o folclore galego protagonizará este evento que contará coa actuación dos grupos da propia asociación que recuperarán cantos e bailes propios destas datas, ademais de haber sorpresas.
A dita xornada conta coa colaboración do tecido comercial e hostaleiro local, así como de organismos públicos como a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e a Deputación da Coruña.
O acceso é libre ata completa-la cabida.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.