O 30 de setembro en sesión do Pleno Ordinario da Corporación do Concello de Ribeira aprobouse por unanimidade a proposición do PBBI e presentada polo concelleiro de Mar, Fernando Abraldes sobre demanda de melloras nos portos do noso municipio.
Facendo un amplo traballo de campo defendéronse no pleno unha serie de melloras na que se dou conta dunha listaxe de mantementos básicos que hai que acometer nos portos do municipio con urxencia e trasladalo á competencia supra-municipal responsable neste eido. Aparte de estas melloras se aportou a iniciativa para habilitar a lonxa antiga para o traslado dos redeiros/as para a mesma.
O pasado 22 de novembro, Fernando Abraldes no contexto dunha reunión rutineira con Culturmar para a organización XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia aproveitou para ter unha xuntanza con membros de Portos de Galicia para expoñerlle esta demanda; da dispoñibilidade da lonxa antiga de Ribeira para o traslado dos redeiros e redeiras co fin de que traballen en boas condicións ao abrigo da intemperie.
Pola outra banda manifestou que o espazo no que están traballando na actualidade se habilitaría para o estacionamento da xente do mar e así facilitar labores na loxística para o mantemento das embarcacións máis o aumento nos tempos de traballo.
Ámbalas partes están traballando conxuntamente para chegar a un acordo que poña de manifesto unha optimización das instalacións portuarias para a mellora dos traballadores e traballadoras do mar.
Abrales tamén achegou un escrito a Portos de Galicia remitido polo presidente da Asociación dos Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez no que se manifesta a preocupación dos comerciantes da zona pola falta de prazas de aparcamento que merma o propio dinamismo comercial da zona.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.