Os bombeiros do parque Provincial de Carballo participaron esta noite, ás 00:06 horas, nun operativo provocado polo incendio dunha nave da planta de Cerámica Campo na parroquia de Lendo, no Concello da Laracha.
O incendio ocorreu na zona do secadeiro de cerámica. O equipo de Bombeiros tratou de sufocar o incendio con dúas liñas de auga, pero por mor das altas temperaturas e a que a instalación de hidrantes da fábrica non estaba operativa, solicitaron a colaboración doutro parque, chegando ao lugar o SPEIS02 de Arteixo sobre as 01:30 horas.
Unha vez realizada a extinción, accedeuse ao interior para refrixerar e comprobouse que no chan hai uns 20 cm de auga mezclada con líquido de tipo oleoso e cor negra. Ás 03:27 horas retíranse todos os medios co lume xa extinguido, pero como segue a saír fume indícaselle ao persoal de fábrica que manteñan a vixilancia na zona. Posteriormente, ás 07:45 horas, os bombeiros do parque Provincial de Carballo volven ao lugar para facer máis comprobacións e avaliar a situación, volvendo a refrixerar ao comprobar que había zonas que seguían con altas temperaturas. Non houbo feridos. Descoñécese a orixe do lume porque a información facilitada non foi clara.
No operativo participou un cabo e dous bombeiros do Parque Provincial de Carballo, a Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e o bombeiros do SPEIS02 Arteixo.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.