Serafina Pasandín, Dorinda Rocha, Estrella Rodríguez, Esther Barba, Esther Alvedro e Amelia Villar foron as protagonistas da cerimonia
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta mañá o tradicional acendido das luces de Nadal do Mercado Municipal de Elviña xunto con Leonardo Tomé, presidente da Asociación do Mercado de Elviña, a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas; e as seis praceiras xubiladas protagonistas do acendido: Serafina Pasandín, Dorinda Rocha, Estrella Rodríguez, Esther Barba, Esther Alvedro e Amelia Villar. “Protagonistas deste mercado, da súa vida pero tamén protagonistas deste barrio” sinalou Rey.
Así mesmo, destacou a importancia de poñer o foco nas mulleres do mercado: “Todas representades ese esforzo, ese sacrificio e esa paixón de moitas mulleres loitadoras que cando non había cuotas nin visibilidade traballaban sacrificando horas para a familia”. Tamén reivindicou os mercados municipais como “lugares especiais que fan cidade dende o barrio” e a importancia de mercar de proximidade, xunto co esforzo do Concello para dinamizar os mercados municipais neste Nadal coa decoración floral e incentivar a compra de barrio.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.