Wednesday 18 de December de 2024

Xosé Merelles pon en valor eventos de ocio singulares que incrementan o atractivo turístico das cidades onde se celebran


A Coruña é sede do Campionato Mundial de Dardos Electrónicos que cita na cidade a 4.000 afeccionados co apoio da Xunta de Galicia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá na entrega de premios dalgunhas categorías do Campionato Mundial de Dardos Electrónicos que se desenvolve en EXPOCoruña ata o vindeiro domingo. Durante a súa intervención, Xosé Merelles salientou a importancia de que Galicia acolla este tipo de eventos de ocio singulares que incrementan o atractivo e interese turístico das cidades nas que se celebran. Ademais, valorou que estes teñan lugar fora de tempada, co que se contribúe a desestacionalización da oferta e se distribúe durante todo o ano a rendibilidade económica do destino.

Referíndose ao comportamento turístico no Concello de A Coruña, o director de Turismo de Galicia destacou que “con 823.000 noites A Coruña rexistradas de xaneiro a outubro deste ano, este destino alcanza o nivel de demanda hoteleira máis elevado dos últimos cinco anos”.

No que vai de ano, cun rexistro de 407.501 viaxeiros neste Concello, o incremento con respecto ao mesmo período do pasado ano foi do 4,9%. Destaca sobre todo o incremento do turismo internacional cifrado no 2,9%.

Neste sentido, subliñou que o Goberno galego leva apoiado eventos e espectáculos na cidade cunha achega total de máis de 1,5M€ de cara a nutrir a oferta turística e potenciar así o turismo urbano da Coruña.

Campionato Mundial
Trátase do primeiro campionato celebrado en Europa xa que as edicións anteriores tiveron lugar en Las Vegas, Seúl e Hong Kong, entre outras cidades.

Neste caso, estímase que A Coruña acolla estes días uns 4.000 afeccionados a esta disciplina chegados de Corea del Sur, Xapón, China, Taiwan, Hong Kong, Canada, Mexico e Estados Unidos, sumando un total de 28 países. “Sen dúbida, un evento que seguro terá impacto positivo no sector e tamén nas cifras do destino”, asegurou.

Deja un comentario